HomeTerra de LemossanidadeResposta da Xunta ás reivindicacións sobre o Hospital de Monforte

Resposta da Xunta ás reivindicacións sobre o Hospital de Monforte

En Marea vén de preguntar no Parlamento sobre as previsións do Goberno galego respecto das demandas referidas ao aumento do persoal neste centro hospitalario.

Publicado o

- Advertisement -

A resposta da Consellería de Sanidade recolle, literalmente: Os traballadores e traballadoras do Hospital de Monforte contan coas ferramentas e recursos necesarios que contribúen a mellorar o desempeño do seu traballo.

Nos últimos anos produciuse un aumento importante en relación cos recursos humanos do hospital, ofrecéndose novos servizos e reforzando algúns xa existentes. Asimesmo, tamén se fixo inversión para mellorar a infraestrutura do hospital e os recursos materiais do mesmo.

No Hospital de Monforte analízanse as necesidades do centro diariamente, realizando as contratacións para dar a cobertura necesaria. A dirección do Centro, segundo a carga de traballo, pode dispor dun traballador/a excedente no seu servizo para cubrir un posto da súa categoría noutro servizo.

Segundo En Marea, a Xunta non aposta por reforzar de xeito estrutural o persoal necesario e move persoal dun servizo a outro, estratexia insuficiente para En Marea, que asegura que o Hospital de Monforte precisa que se contrate de xeito estable o persoal necesario.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...