HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde Monforte alerta da falta de facultativos no servizo de...

A CIG Saúde Monforte alerta da falta de facultativos no servizo de Uroloxía do Hospital

A CIG Saúde Monforte lamenta unha vez máis a continua falta de facultativos especialistas do Hospital Público de Monforte, neste caro fan referencia ao servizo de Uroloxía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato, dende o día 1 de xuño o servizo de Uroloxía pasou a estar cuberto cun só especialista para atender as demandas de toda a comarca, “a zona sur da provincia perde o 50% dos efectivos provocando precariedade a nivel asistencial e aumentando as listas de agarda tanto de consulta como de ciruxía, xa que existen numerosas intervencións que son imposibles de realizar por un só facultativo, unha situación que remata por saturar dito servizo e ao seu persoal”.

Aseguran que dende ese día, o urólogo en activo “realiza sobre 15-16 gardas localizadas cada mes, e o resto de gardas pasan a ser realizadas dende o HULA, como consecuencia directa desta carencia os pacientes ingresados no momento en que o urólogo deste hospital deixa de estar de garda teñen que ser derivados ao HULA, así como todos aqueles que acoden ao servizo de urxencias e precisan ser ingresados segundo os protocolos de derivación establecidos”. O sindicato refírese tamén ao importante gasto de recursos tanto materiais como humanos, “xa que estos pacientes precisan transporte sanitario e persoal sanitario para o seu traslado.”

Esta medida obriga ás persoas afectadas, tanto pacientes como familiares, moitos deles de idade avanzada, a realizar desprazamentos por estrada de máis de 70km, cun grave prexuízo para os usuarios da contorna, que “ven como se desmantelan progresivamente os servizos do hospital de referencia e se lles impón unha barreira xeográfica para recibir asistencia sanitaria básica.”

Anuncian que desde o SERGAS, a partir do 20 de xullo cubriranse dous días á semana dende o Hula, “algo que nos parece totalmente insuficiente. Coma sempre son facultativas que pasarán consulta un día aquí e completarán a súa xornada no HULA”. A este respecto o sindicato volve denunciar a crecente centralización de servizos nos grandes hospitais, agravando a falta de cobertura de médicos nos hospitais comarcais e insta a Xerencia desta Área a contratar os facultativos necesarios para evitar esta continua perda de servizos neste Hospital.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...