HomeTerra de LemossanidadeObradoiro sobre saúde mental no IES Río Cabe de Monforte

Obradoiro sobre saúde mental no IES Río Cabe de Monforte

A Asociación Albores Saúde Mental desenvolve hoxe neste centro de ensino a segunda acción formativa das 3 que están programadas.

Publicado o

- Advertisement -

Albores, no seu labor divulgativo sobre doenzas mentais, detención e tratamento precoz das mesmas na adolescencia está a organizar en diferentes centros de ensino do sur de Lugo obradoiros para concienciar sobre esta cuestión. Ademais do anterior resulta moi importante sensibilizar sobre a comprensión e a empatía respecto a estas enfermidades co cal tamén se traballa na mitigación do estigma asociado ás persoas que as padecen.

O obradoiro sobre saúde mental, que ten lugar hoxe no IES Río Cabe de Monforte e está dirixido a alumnos de 4º de ESO, contempla os seguintes contidos:

1-Conceptos básicos: saúde/trastorno mental, tipos de trastornos, características dos mesmos, causas.

2-Estereotipos e prexuízos presentes.

3-Empatía e estigma.

4-O que podes facer ti: como detectar sinais de alarma e achegarse aos recursos dispoñible.

Ao rematar o ciclo previsto de 3 obradoiros, o último será o día 3 de abril, este centro acollerá a II Exposición Fotoxénica-Mente. A mostra itinerante forma parte do contido das actuacións nos centros de ensino e complementa á formación citada.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...