HomesociedadeMerenzao restaurante-Viñoteca celebra o seu 6º aniversario

Merenzao restaurante-Viñoteca celebra o seu 6º aniversario

Este ano, no canto de facer un gran acto de conmemoración fará tres. O primeiro deles terá lugar este domingo 11 de xullo cun "Menú degustación a doce mans".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O restaurante está no Lugar de Francos, en Doade –Concello de Sober–, e comenzou a súa actividade o 25 de xullo de 2015. Todos os anos por estas datas acostumaba a facer un gran acto de celebración, sen embargo este ano, dada a situación pandémica de limitación de aforos, a xerencia desbotou celebrar un gran acto e decidiu organizar 3 eventos ao longo do mes de xullo.

O primeiro dos actos terá lugar este mesmo domingo 11 de xullo, será un menú degustación a doce mans no que acompañarán ao xefe de cociña de Merenzao Carlos J. González os cociñeiros Alén Tarrío (Pampín Bar), Javier Alonso (O Eirado da Leña) e Juan Perret (Kero), completan o cartel o sumiller Jacobo Mojón (sybaris 2.0) e o barista Sebastián Eduardo González (Sebaristas do grupo Do Noso).

O segundo evento terá lugar a noite do 24 de xullo e consistirán nunha cea degustación composta polos pratos máis característicos da traxectoria de Merenzao nestos 6 anos de vida acompañados con música en directo dun trío de Jazz.

O terceiro evento consistirá nunha sesión “ChillOut” da man do músico Monfortino Aser Rodríguez durante o lusco fusco e maridada con tapas e viños no xardín das instalacións de Adegas Petrón (onde reside Merenzao).

Carlos J. González cre que con todos estos actos ademais de festexar os 6 anos do restaurante poderán axudar a xerar ilusión na comarca e promocionar a Ribeira Sacra como destino turístico seguro.

Carlos Núñez no Merenzao (2018). Foto: Carlos J.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...