HomeEconomíaA Xunta avalía co Consorcio da Ribeira Sacra a candidatura a proxecto...

A Xunta avalía co Consorcio da Ribeira Sacra a candidatura a proxecto de mobilidade sustentable

O "impulso da mobilidade eléctrica" é un dos obxectivos recollidos na Axenda Enerxética de Galicia 2030.

Publicado o

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro esta semana no municipio de Sober co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para avaliar a candidatura do proxecto de mobilidade sustentable, que se vai presentar á segunda convocatoria do programa ‘Moves Singulares’.

Segundo informou a Xunta, analizaron os elementos necesarios para presentar a mellor candidatura posible deste proxecto “vital” para que veciñanza e visitantes poidan desprazarse de maneira “limpa, eficiente e segura” por esta zona de “grandes valores naturais, culturais e paisaxísticos”.

O proxecto, que conta cun orzamento de seis millóns de euros, busca a redución da presenza de vehículos privados a favor dun transporte colectivo eléctrico e a transformación do seu servizo recreativo, o catamarán turístico.

Deste xeito, explicou a administración autonómica, contempla o uso de barcos eléctricos, electrobarcas de paso, buses eléctricos e a dotación dos intercambiadores e pantaláns con puntos de recarga. Nesta mesma liña, a Xunta afirmou que “o impulso da mobilidade eléctrica” é un dos obxectivos recollidos na Axenda Enerxética de Galicia 2030.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...