HomesociedadeSober celebra a importancia da actividade vitivinícola da Ribeira Sacra na XLIII...

Sober celebra a importancia da actividade vitivinícola da Ribeira Sacra na XLIII Feira do Viño de Amandi

O humorista e actor Xosé Antonio Touriñán foi o encargado de pronunciar o pregón desta edición

Publicado o

- Advertisement -

A XLIII Feira do Viño de Amandi celebrou este domingo en Sober o seu día grande coa asistencia de centos de persoas a un evento que, considerado de Interese Turístico de Galicia, pon en valor a importancia da actividade vitivinícola na Ribeira Sacra.

Este domingo pasearon entre os seus postos, entre outros, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.

Tamén a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que reivindicou “o traballo e esforzo dos viticultores e das adegas locais da Ribeira Sacra para elaborar un viño exquisito, recoñecido en todo o mundo”. Rodríguez destacou tamén a importancia que o viño ten para a comarca do sur da provincia, “capaz de dinamizar a economía, xerar postos de traballo e impulsar o turismo”.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, animou á cidadanía a “achegarse á Ribeira Sacra coa escusa do Viño de Amandi” para “gozar dunha comarca marabillosa e da súa hostalaría”. Destacou ademais a implicación co sector adegueiro do alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, –que este ano volve ser o candidato do PP ás eleccións municipais–.

A este respecto, Prado confía en manter o nove alcaldías o próximo 28 de maio coas que conta o Partido Popular nesta zona (Bóveda, Chantada, Pantón, Paradela, O Saviñao, Sober, Portomarín, Quiroga e Taboada) e “tentar superar eses resultados, sen renunciar a nada nos outros tres municipios”.

PREGÓN E PREMIADOS

O humorista e actor Xosé Antonio Touriñán foi o encargado de pronunciar o pregón desta edición, un pregón marcado polo humor con referencias a todas as parroquias de Sober, ao prestixio do viño de Amandi e da súa celebración e tamén recorrendo aos tópicos dos galegos nas festas e encontros coma o da Feira do Viño de Amandi.

Xosé A. Touriñán no momento do pregón / XdL

Despois da súa intervención déronse a coñecer os viños premiados, que este ano recaeron en Val da Lenda, Regina Viarum e Don Xoán Gullufre, na categoría de tintos; Don Bernardino. 4ª Xeración, na categoría de barrica; Don Bernardino, en brancos; e Regina Viarum, en rosados.

O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, remarcou que “é un orgullo moi grande como alcalde poder presumir un ano máis dos mellores produtos que este mundo nos pode ofrecer: viño, cerámica, música e o mellor territorio posible”.

Intervención do Alcalde de Sober, Luis Guitián / XdL

O municipio homenaxeado este ano foi o de Quieoga, representado polo seu alcalde, Xulio Álvarez, quen dirixiu unhas palabras aos presentes e lembrou que comeza a conta atrás para a súa Feira do Viño. Cita que terá luga do 7 ao 9 de abril.

Interención do Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez / XdL

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...