HomeCulturaO ciclo "Música no outono" continúa este sábado día 10 de novembro...

O ciclo “Música no outono” continúa este sábado día 10 de novembro en Sober

O trío Ensemble Nuntempa está formado por tres moz@s que tocan o saxofón, percusión e piano. Teñen a inquedanza de promover a música contemporánea en España.

Publicado o

- Advertisement -

As Xuventudes Musicais de Sober xunto co concello soberino organizan para este sábado 10 de novembro, ás oito da tarde , un concerto do trío Ensemble Nuntempa, no Centro Sociocultural de Sober.  A actuación, enmarcase no ciclo ‘Música no Outono’

Ensemble Nuntempa está formado por tres músicos burgaleses, unha saxofonista (Cristina Arcos Cano), un percusionista (Pablo Treceño Salazar) e unha pianista (Carlota Arcos Cano). Estudaron e tocaron xuntos no Conservatorio Superior de Música de Castela e León e agora os seus camiños separáronse ao comezar os seus respectivos másters (Polonia, Alemaña e Suíza).

Os seus comezos son como formación de trío pero a súa idea principal é ir elaborando programas nos que máis artes teñan cabida, como danza, teatro, pintura, etc. Teñen a inquedanza de promover a música contemporánea en España.

O trío foi galardoado co 2º Premio vento-madeira no 87º Concurso Permanente (Madrid, 2017).

ÚLTIMAS

Monforte inviste 140.000€ na renovación da sinalización horizontal de 128 rúas da cidade

O Concello de Monforte destina un orzamento de 139.828,38 € a esta obra que...

‘Lágrimas de plata’, poemario presentado na Biblioteca do Saviñao

A Biblioteca Municipal do Saviñao acolleu días atrás a presentación do primeiro poemario do...

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para asociacións culturais

Aqueles veciños e aquelas veciñas que desenvolvan algunha actividade cultural a través das súas...

A Deputación licita por 550.000€ dous proxectos que mellorarán 8 estradas nos concellos de Taboada, Monterroso e Chantada

No caso de Taboada, mellorarase un tramo de 14 quilómetros da LU-P-4905, a estrada...