HomePolíticaRaquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada electa fixo esta valoración co gallo do Día Internacional do Guía do Turismo e logo de participar nunha visita guiada á igrexa de Pinol, cuxas pinturas foron restauradas pola consellería de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2 millóns de euros á conservación, rehabilitación e mantemento de distintos elementos arquitectónicos da comarca. Puxo como exemplos o colexio Cardenal, de Monforte de Lemos; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, nO Saviñao; o mosteiro de Santa María de Ferreira, en Pantón; o xacemento romando de Proendos, en Sober; ou as pinturas de Pinol e de Lobios; tamén en Sober.

No caso da igrexa de San Vicente de Pinol restaurouráronse as pinturais murais renacentistas, que datan do século XVI e están relacionadas coa escola de pintura hispanoflamenca, figurando entre os elementos máis importantes que se conservan no conxunto da Ribeira Sacra.

En total, a administración autonómica achegou 7,2 millóns a 44 bens deste tipo nas provincias de Lugo e Ourense no ánimo de impulsar a candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco e coa conservación do patrimonio cultural de Galicia.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...