HomeTerra de LemosSoberComeza a XLIV edición da Feira do Viño de Amandi, en Sober

Comeza a XLIV edición da Feira do Viño de Amandi, en Sober

Quedou inaugurada este venres e espérase un gran ambiente para a fin de semana coa presenza de 22 adegas, moita música e a xornalista da TVG Lucía Rodríguez como pregoeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hoxe venres, quedou inaugurada a XLIV Feira do Viño de Amandi, inauguración que contou cun acto protocolario no que Carlos Díaz, da Adega D’Fran de Vilachá de Doade, que cortou unha cepa en recordo do seu fundador, José María Díaz Vázquez, quen faleceu en decembro do ano pasado con 95 anos. Neste intre tamén estiveron tamén presentes o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

Na edición deste ano participan 22 bodegas da DOP Ribeira Sacra da subzona de Amandi, adegas que comezaban xa a ter ambiente con visitantes que gozaban dos primeiros viños nun recinto no que ás 20:30 h. actuaba a Banda de Música Folk de Ribas de Sil e a partir das 22:30 h. a Charanga Festicultores Troupe.

De cara á fin de semana, o sábado a partir das 11:00 h. estarán abertos os postos das adegas contando coa música de Baturruka de Monforte e a Banda de Música de Sober durante a mañá. Tras a Precata Oficial, ás 17:00 h. actuará a Batucada Creativa e máis tarde a charanga Louband, para empalmar xa co concerto da banda monfortina Malenne ás 23:00 h.

Malenne. Foto: Emilio Romanos.

Para o domingo, 24 de marzo, a música da mañá correrá a cargo da Charanga NBA e a Banda de Música de Sober. A Cata Final Oficial será ás 11:30 h., mesma hora na que terá lugar a Misa de Domingo de Ramos antes da recepción de autoridades na Casa do Concello.

O pregón, programado para as 13:00 h. diante da Casa do Concello, correrá a cargo da xornalista da TVG Luisa Rodríguez, coñecida actualmente por ser a presentadora do exitoso programa “Xente Marabillosa”. A continuación, no mesmo lugar procederase á entrega dos premios aos mellores viños.

Luisa Rodríguez. Foto: RTVG

Pola tarde, e para rematar a Feira do Viño a música no recinto feiral correrá a cargo da Charanga NBA a partir das 17:30 h. quedando para as 19:30 h. a actuación da orquestra Los Satélites.

ÚLTIMAS

3.650 persoas de 150 asociacións participaron do Coñece a túa Provincia que pecha tempada

A Deputación de Lugo vén de pechar esta semana “con éxito” unha nova tempada...

‘La ratita presumida’: Teatro infantil este domingo en Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro que fai posible a...

105.000€ da Deputación para novos servizos en Taboada

A Xunta de Goberno deste venres aprobou un convenio co concello de Taboada de...

121.000€ para un novo vehículo eléctrico de recollida do servizo da fracción orgánica no Concello de Chantada

Este novo vehiculo supuxo un investimento de 121.000€, aportando a Xunta de Galicia 90.000€,...