HomeTerra de LemosSoberA Xunta remarca a excelencia dos viños de Amandi na festa de...

A Xunta remarca a excelencia dos viños de Amandi na festa de exaltación deste produto en Sober

Esta fin de semana celébrase a XLIV Feira do Viño de Amandi.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado por alcalde de Sober, Luís Fernández, e o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, realizou este sábado un percorrido pola XLIV Feira do Viño de Amandi, que se celebra durante esta fin de semana no concello lucense.

Previamente, José González saudou, no Pazo de Sober, aos membros do xurado de catas desta edición da festa, que conta coa participación dunha vintena de adegas.

Na visita, o titular do Medio Rural remarcou a calidade diferencial dos viños desta subzona da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra e reiterou o apoio da Xunta ao fomento, reforzo da competitividade e promoción do sector vitivinícola da nosa comunidade, cunhas liñas específicas dotadas con máis de 40 millóns de euros no período 2018-2023.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...