HomeOpiniónA ANPA do CEIP Virxe do Carme de Sober protesta pola baixada...

A ANPA do CEIP Virxe do Carme de Sober protesta pola baixada das ratios e a política de agrupamentos

Hai uns días informóuselle á ANPA desde a dirección do centro de que a Consellería de Educación vai incumplir de cara ao vindeiro curso os acordos relativos á baixada das ratios e á política de agrupamentos de alumnos de diferentes cursos nunha soa clase. A ANPA enviou un escrito de protesta para mostrar a disconformidade de toda a comunidade educativa e pedir as explicacións que correspondan. Despois dunha semana non teñen resposta.

Publicado o

POR
ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober
- Advertisement -

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Sober, despois de ser alertada dende o centro do retractamento por parte da Inspección de Educación dos agrupamentos previstos para o curso 2024/2025, denunciamos o incumprimento do Acordo de Melloras respecto á ratio do 11/10//23 onde se recolle que non se poden agrupar en Educación Primaria máis de 14
alumnos de dous cursos diferentes na mesma unidade.

A nosa indignación está provocada polo número e as características dos alumnos e alumnas dos cursos afectados, xa que en 1º e 2º serían 16 alumnos presentando moitos deles necesidades específicas de apoio educativo, e en 5º e 6º, un total de 16 presentando as mesmas necesidades.

Esiximos a esta xefatura que emende esta gravísima situación de abandono, desamparo e discriminación dos nosos fillos e fillas enviando os mestres necesarios e dividindo as unidades en catro clases, unha por curso, eliminando así o exceso de ratio e cumprindo escrupulosamente o acordo de melloras anteriormente mencionado.

De non ser respondida esta demanda e cumprido o acordo, ademais dunha terrible inxustiza semellaría que o mesmo foi asinado como un acto puramente electoralista e oportunista, véndose os nenos gravemente prexudicados polos “vaivenes” políticos. Estas decisións teñen un custo educativo irreparable para as crianzas en comparación co custe económico que supoñería poñer os medios tanto persoais como económicos que se precisan.

Dende os centros educativos rurais seguimos asistindo á merma de recursos destinados a educación e esiximos un plan especifico porque nada teñen que ver as nosas circunstancias coas dos centros urbanos. Se non se emendan os erros, faremos pública a situación que estamos padecendo a través de todos os medios dos que dispoñemos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...