HomeTerra de LemosSoberSober, o concello máis madrugador da Ribeira Sacra na busca do cartel...

Sober, o concello máis madrugador da Ribeira Sacra na busca do cartel para a Feira do Viño

O concello vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso de onde sairá o deseño que ilustre a XLVI Feira do Viño de Amandi. O evento celebrarase do 27 ao 29 de marzo e o premio para o gañador ou gañadora serán 800 euros en metálico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XLVI Feira do Viño de Amandi celebrarase do 27 ao 29 de marzo do vindeiro ano, coincidindo coa fin de semana de Ramos. Aínda que queda tempo por diante, veñen de anunciar xa o concurso de propostas gráficas para ser a imaxe oficial do evento. O certame rexerase por unhas bases que se poderán atopar na súa web e nas redes sociais.

Poderá concorrer toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición e só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas, tal e como se ten acordado, aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

SOBRE AS BASES

Os deseños presentados deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no noso patrimonio e cultura e os traballos quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XLVI Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man e outro material promocional. Respecto dos restantes carteis presentados o Concello de Sober resérvase o dereito a expoñelos se así o considera.

O cartel gañador será propiedade do Concello de Sober, quen poderá cedelo a terceiros, e o autor ou autora renuncia a todos os dereitos de explotación, conservando só os dereitos de autor para incluílo no seu currículo.

PRESENTACIÓN E ENTREGA DE CARTEIS

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XLVI Feira do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 27, 28 e 28 de marzo de 2026.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o martes día 9, ata o día 1 de febreiro de 2026. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.

Cando se coñeza ao gañador ou gañadora, este presentará unha copia do cartel en formato dixital que permita o seu proceso informático e inserirá os logotipos das entidades patrocinadoras facilitadas polo Concello de Sober para a súa publicación, así como os logos das redes socias institucionais.

Brinde de Lucía Pérez e Luis Guitián nunha edición da Feira do Viño de Amandi. Foto: Concello de Sober.
XURADO E PREMIO

O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois do peche da convocatoria e o cartel darase a coñecer xunto coa programación do Mes do Amandi. O xurado estará formado por persoas cualificadas na materia, reservándose a facultade de declarar deserto o premio no caso de que estimase que ningún dos traballos reúne os méritos suficientes. Establécese un premio ao traballo gañador de 800 euros en metálico.

Os participantes someteranse á decisión do xurado, que resolverá sobre calquera dúbida non prevista nas presentes bases. No caso de facerse unha entrega pública ao gañador ou gañadora, este comprométese a recoller persoalmente o premio ou facerse representar debidamente no acto.

ÚLTIMAS

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...

IGV denuncia gastos municipais innecesarios en propaganda da candidatura a Patrimonio Mundial

Segundo a formación política o proceso de candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra...