HomeTerra de LemosSober22 adegas e un atractivo programa para gozar da XLVI Feira do...

22 adegas e un atractivo programa para gozar da XLVI Feira do Viño de Amandi en Sober

Esta tarde quedaba inaugurada pola Adega Petrón, de Doade, con acompañamento de autoridades. A partir deste momento, e ata a noite do Domingo de Ramos, moitos viños e unha ampla programación musical para pasar unha fin de semana por todo o alto en Sober. Damos a coñecer a axenda completa do evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 27 de marzo, procedeuse á inauguración da XLVI Feira do Viño de Amandi cando eran as 19:30 horas. A honra deste momento foi para a Adega Petrón de Doade, en lembranza dun dos impulsores da mesma, Epifanio Campo, falecido hai 10 anos.

No acto, presidido polo Alcalde, Luis Guitián, estiveron representantes da adega e algunhas autoridades; entre elas o Concelleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e Martín Alemparte, director de Agacal.

Inaugurado o evento, que se estenderá ata a noite do domingo, esta mesma noite, cos postos das adegas abertas xa se poderá catar os primeiros viños e gozar da música de Festicultores Troupe ata as 23:30 h. e de Monoulious DOP a partir desa hora.

As 22 adegas presentes na edición deste ano son: A Man de Prado (Bolmente), Aborixe Viticultura (Barantes), Algueira (Doade), Alouviño (A Carqueixa-Proendos), Barbado (Proendos, Cividade (Outeiro-Bolmente), Cruceiro (Vilachá-Doade), Don Bernardino (Cima de Vila-Brosmos), Estrela (Vilachá-Doade), Guímaro (Sanmil-Brosmos), Gullufre (Lobios), Lucenza (Corvelle-Proendos), Malcavada ((Rosende), Marcelino I (A Carqueixa-Proendos), Petrón (Doade), Proencia (Sanxillao-Proendos), Rectoral de Amandi (Amandi), Regina Viarum (Doade), Soutelo (Lamas-Bulso), Tear (Suairexa-Figueiroá), Val da Lenda (Cantón-Amandi), Viña Frieira (Vilachá-Doade).

ADEGA PETRÓN

Antonio, xerente da Adega Petrón e un dos socios fundadores, cóntanos que Epifanio Campo tivo a idea de crear xunto con el a adega nesta subzona de Amandi alá polo 2002 e no 2005 xa estaba funcionando. Ao principio foron levándoa os pais deles e despois xa se fixeron cargo ata que no 2016 faleceu Epifanio. A partir deste momento, e tras reunión co grupo inversor, dinos Antonio que decidiron dar o paso de comercializar o viño que facían. Contrataron ao enólogo Pablo Estévez e crearon o seu viño insignia, Prómine, para saír ao mercado. Actualmente teñen baixo esta marca rosado, barrica, xoven e ‘singular, este último foi 3 veces consecutivas mellor tinto de Galicia. Na subzona de Amandi teñen unhas 14 hectáreas de viñas antigas na beira do río Sil e colleitan un 90% de uvas propias, recorrendo á compra do 10% restante. Finalmente, Antonio recoñece que é unha honra ter sido Adega Petrón escollida este ano para a inauguración e di sentirse moi ben acollido dende o principio cando desembarcaron co proxecto vinícola en Sober.

Adega Petrón. Foto: turismoribeirasacra.com
PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA

Sábado 28

-Ás 11:00 horas: Apertura de stands.

-Ás 11:30 horas: Actuación dun GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

-Ás 12:30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 17:00 horas: Comezo da Precata Oficial.

-Ás 18:30 horas: Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND.

-Ás 20:00 horas: Actuación de LOUBAND.

-Ás 22:00 horas: Actuación de ORQUESTRA BRAVÚ XANGAI.

-As 23:30 Actuación de GIN TONI’S.

Concerto dos Gin Toni’s. Foto cedida.

 Domingo 29 de Marzo

-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.

-Ás 11:00 horas: Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.

-Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

-As 12:00 horas: Animación cunha selección de TUNAS de MADRID.

-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.

-Ás 13:00 horas: PREGÓN a cargo do chef Estrella Michelin RAFA CENTENO do Restaurante VÉRTIGO.

-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios.

-Ás 17:30 horas: Actuación da Charanga NBA.

-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra TANIA VEIRAS e OS CUMBIA POP.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...