HomePolíticaO BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, "é especialmente...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesaria”

O BNG de Monforte manifesta a súa profunda preocupación polo recente asfaltado da rúa Ourense, unha actuación que supuxo arredor de 100.000 euros de gasto e que, e que segundo os nacionalistas "carece de calquera xustificación, intervir nunha rúa que estaba en bo estado, sen fochancas nin deterioros significativos, e que ademais fora repintada e sinalizada o pasado verán".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG, este feito, “por si só, demostra a absoluta falta de planificación do goberno municipal”, primeiro invístese diñeiro en pintar e sinalizar a vía e, poucos meses despois, decídese levantar todo para volver empezar.

Aseguran que a obra, aínda que executada rapidamente, “xerou molestias totalmente innecesarias ao tránsito e ao comercio da zona, sen achegar ningunha mellora substancial á mobilidade nin á vida diaria da veciñanza. O resultado final limítase a substituír un firme que funcionaba por outro novo, pero igual”. Para o BNG, isto é unha mostra evidente dun modelo de gobernar que responde máis á necesidade de aparentar actividade que a unha análise séria e rigorosa das necesidades de Monforte.

Resulta especialmente grave que se invistan 100.000 euros en “arranxar o que non estaba roto”, mentres existen en Monforte demandas e necesidades reais que continúan sen atender. O BNG enuncia: Beirarrúas estreitas ou deterioradas, cableado aéreo que impacta negativamente na estética urbana, iluminación insuficiente en diversas rúas e barrios ou espazos públicos degradados que precisan recuperación. “Estas son as actuacións que mellorarían de verdade a accesibilidade, a seguridade e a calidade de vida da cidadanía”, afirman.

“Gastar 100.000 euros nun asfaltado innecesario é un despropósito. Os recursos públicos deben empregarse para resolver problemas reais, non para facer obras que só buscan aparentar movemento. Monforte merece unha xestión seria, planificada e pensada para a veciñanza”, conclúe o concelleiro do BNG, Manuel Luaces.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...