HomeMedio ambiente e PatrimonioSábado de debate en Monforte sobre a xestión dos lumes forestais

Sábado de debate en Monforte sobre a xestión dos lumes forestais

Lidia Senra, eurodiputada galega, organiza unha xornada para intercambiar información e debater sobre os incendios forestais

Publicado o

- Advertisement -

O sábado día 9 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 16:00 a 18:30 horas, celebrarase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte unha xornada de debate sobre a xestión sobre os lumes forestais e para a cal non é necesaria inscrición previa.

Lidia Senra, eurodeputada galega, será a encargada da xornada na que se intercambiará información e debaterá sobre os incendios forestais, as súas causas, a xestión que realizan as Administracións e posibles opcións de prevención para intentar deter unha lacra que ano tras ano arrasa os montes galegos. Con este evento preténdese propoñer alternativas ós cortalumes de terra espida ca desertizan e a desecan, contaminan a auga e erosionan o monte. Tamén ten como obxectivo afondar sobre como se pode realizar o mantemento e coidado das pistas forestais para evitar os lumes sen que se produzan danos na paisaxe e na terra. Finalmente abordaranse as melloras que se poderían facer na extinción dos incendios e analizaranse as posibilidades de valoración do monte.

organización da xornada

  • 10:30 horas. Apertura da xornada por Lidia Senra cunha mesa sobre “Cortalumes verdes e outras alternativas aos cortalumes de terra espida” na que intervirán Antonio Rodríguez gandeiro de cabrún de leite e membro da COAG; Felipe Castro López, axente medioambiental da Xunta e Claudio Quintillán Vallejo, técnico de explotacións forestais e membro da Asociación Galega de Comunidades de Montes. Maribel García Díaz de Esperta Monforte será a encargada de introducir e moderar esta mesa.
  • 12:15 horas. Comezo do coloquio “Avaliación das actuacións da Xunta antes, durante e despois dos lumes” onde participarán Lidia Senra, Luísa Palleres González, presidenta da Asociación de Veciños e Veciñas de Chavaga; María Teresa Rodríguez Rodríguez pertencente á mesma asociación; Orlando Gregorio Álvarez, biólogo e castañicultor no Courel e, Diego Sánchez Agra, enxeñeiro forestal e membro da Asociación Forestal Frouma.
  • 16:00 horas. Celebrarase o coloquio “Aprender dos erros. O sistema de emerxencias e extinción dos lumes forestais” onde participarán Benxamín Balboa, bombeiro forestal; Davide Rodríguez, bombeiro forestal e deputado de En Marea no Parlamento Galego; Manuel Martínez Méndez, bombeiro e representante sindical da CIG en Ourense e membro da Plataforma Asociativa de Sindicatos de Bombeiros Forestais e, Vanesa Garrido Blanco, membro de C@urel Vivo.
  • 17:00 horas. Para cerrar a xornada, celebrarase a mesa “Fronte o abandono da terra, a valoración do monte”, con Víctor Álvarez Arias, técnico da Consellaría do Medio Rural e concelleiro en Lugo  por LugoNovo; Félix Dominguez Cortiñas, alcalde Manzaneda e como moderadora actuará Paula Verao, deputada de En Marea no Parlamento Galego.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...