HomeEconomíaAfigal prestará servizos financeiros ás empresas asociadas a Ribeira Sacra Next

Afigal prestará servizos financeiros ás empresas asociadas a Ribeira Sacra Next

Un convenio de colaboración que veñen de asinar ambas partes facilitará o acceso ao financiamento de autónomos e pemes asociadas a Ribeira Sacra Next e mellorar seu desenvolvemento empresarial. O acordo foi subscribido por Severino Rodríguez, presidente da Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next, e Pilar Núñez Torrón, vicepresidenta primeira de Afigal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Afigal e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asinaron un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao financiamento das pemes asociadas a esta entidade e contribuír ao desenvolvemento do tecido empresarial da comarca. A Sociedade de Garantía Recíproca Afigal prestará servizos financeiros ás empresas asociadas a Ribeira Sacra Next, facilitándolles o acceso directo ás súas solucións de financiamento e ás liñas de crédito que mellor se adapten ás súas necesidades en cada momento.

Entre as principais vantaxes do acordo destaca a posibilidade de acceder a avais de ata o 100% do financiamento para proxectos de investimento, necesidades de circulante e reestruturación de pasivos.  Así mesmo, as pemes que tramiten as súas solicitudes a través da Asociación ao amparo deste convenio beneficiaranse da bonificación íntegra dos gastos de estudo. Tamén poderán acceder a condicións preferentes a través dos convenios vixentes de Afigal coas entidades financeiras e acollerse, cando corresponda, ás liñas anuais do Igape, que habitualmente incorporan melloras nas condicións de financiamento e bonificacións dos custos financeiros.

A colaboración contempla, ademais, o estudo individualizado de cada proposta e o asesoramento empresarial e financeiro, cunha persoa de contacto de referencia para as empresas asociadas.

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E ASESORAMENTO

Esta alianza, na que Ribeira Sacra Next pasará a ser socio protector de Afigal, permitirá tamén impulsar conxuntamente iniciativas para fomentar o emprendemento e a creación de empresas, así como accións de asesoramento a proxectos empresariais, especialmente no ámbito do financiamento.

O acordo foi subscribido por Severino Rodríguez, presidente da Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next, e Pilar Núñez Torrón, vicepresidenta primeira de Afigal.

ÚLTIMAS

‘Miconcurso de tapas’, iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza os vindeiros mércores 18 e xoves 19 de...

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...