HomeCulturaAlicerces. Revista de estudos do Miño medio chega a Monforte

Alicerces. Revista de estudos do Miño medio chega a Monforte

Publicado o

A Irmandade Cultural País do Faro organiza a presentación da revista Alicerces en Monforte. O acto terá lugar o vindeiro sábado 20 de outubro a partir das 20,00 horas no centro do Viño (Rúa do Comercio, 6). Na presentación está prevista a intervención do Alcalde de Monforte, José Tomé, e do investigador monfortino Felipe Aira. Tamén intervirán o director da revista, Xosé Méndez, e o presidente da Irmandade, Andrés Pavón.
No evento presentarase o terceiro tomo da revista e farase un repaso polos dous anteriores números, que non foran presentados en Monforte. Alicerces contén estudos e artigos de investigación relativos a concellos da Ribeira Sacra bañados polo río Miño: Carballedo, Chantada, Pantón, O Saviñao e Taboada.
Alicerces / Irmandade Cultural País do Faro

ÚLTIMAS

Outro cheo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...

O concello de Chantada comeza a modernización do Miradoiro de Sernande

Con vistas ao Miño o concello de Chantada dispón dos miradoiros Terra Branca, Líncora,...

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...