HomeComarca de ChantadaChantada20.000 euros da Deputación para a actividade cultural de Chantada

20.000 euros da Deputación para a actividade cultural de Chantada

Os fondos destínanse a cine, teatro, pintura e ás axudas de concorrencia competitiva para unha ducia de asociacións culturais.

Publicado o

- Advertisement -

Algunhas das iniciativas que se financian a través das axudas de concorrencia competitiva son o Folión de Carros, a posta en valor dos cruceiros, a revista Alicerces ou o Magosto cultural. 12.000 euros para un total de 12 asociacións.

A Deputación tamén aporta 3.000 euros para a organización da 25 º Semana do Cine que se celebra ata o 17 de agosto na vila e da que xa lles demos conta en Xornal de Lemos. 2.000 euros son para o curso de pintura que se celebra nesta localidade e outros 3.000 euros destínanse á Mostra do Teatro Maruxa Villanueva, que este ano celebra súa XXVIII Edición

A aportación da Deputación posibilita ofrecer estas actividades de balde e contribúe a dinamizar social e económicamente esta comarca, segundo apuntou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

 

         Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

      Teatro na Praza do Cantón a partir das 22:00 horas

  • Luns, 20 de agosto, o grupo O batande Cangas de Foz presentarán a actuación “Bicos de vinagre”, escrita polo mindoniense Francisco Piñeiro.
  • Martes, 21 de agosto, o Centro Teatral Faro Miño de Chantada presenta a obra “Madialeva”. Ao remate, actuará o grupo de baile “Swagger”.
  • Mércores, 22 de agosto, a Compañía Visto y no visto de Madrid, presenta “No somos nadie”.
  • Xoves, 23 de agosto, a compañía madrileña Bennu Tetrorepresentará “Mardito hoppita”.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...