HomeDeportesVaia troita!

Vaia troita!

Un pescador capturou unha troita de case catro quilos no Río Lor.

Publicado o

- Advertisement -

Había tempo que este río do sur de Lugo non daba noticias deste alcance, pero chegou unha boa oportunidade coa captura dunha troita de 3.700 gramos no día de onte.

O afortunado foi o pescantín Óscar Rodríguez Prado, con vínculos familiares en Sober e felicitado polo propio concello o pasado luns. A peza foi pescada en augas do Río Lor e a imaxe coa troita correu polas redes sociais ata converterse en noticia en diferentes medios de prensa.

O Río Lor tivo sempre boa sona polas anguías e as troitas, e na zona da Labrada -A Pobra do Brollón- sempre houbo tradición de ir pescar e tamén comer estes dous peixes que abondaban nas súas frías augas. Hoxe en día os establecementos hostaleiros cóntanse cos dedos dunha man e, como din na zona, aqueles tempos de abundancia e boa pesca pasaron á historia.

Tirando de tradición ‘troiteira’ o pasado mes de maio, na poboación quiroguesa de San Xulián, celebraban a XI edición da Festa da Troita.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...