HomeSucesosAparece o corpo do home desaparecido en Ribas de Sil

Aparece o corpo do home desaparecido en Ribas de Sil

O corpo foi atopado por un técnico de Protección Civil no río cara a zona de Vilachá

Publicado o

- Advertisement -

O corpo de Manuel Vázquez Rodríguez, o veciño de 82 anos de Ribas de Sil que levaba desaparecido dende o pasado día 9, foi atopado ó redor das 19:30 horas desta tarde na marxe dereita do río, cara a zona de Vilachá.
O home, que padecía alzéimer, saíra pasear e fora visto a última vez pola zona de Rairos, suceso do cal informamos no XdL.
Segundo puido saber este xornal, o corpo apareceu flotando na marxe do río e foi un técnico de Protección Civil de Ribas de Sil quen atopou o corpo. Roberto Castro, primeiro tenente de alcalde da localidade, manifestou que “por fin pódese poñer fin a esta búsqueda e así darlle á familia a paz que merecen”.

Por outra banda, Roberto Castro tamén comentou que “no dispositivo de búsqueda tentamos racionalizar os medios. Cando acudían helicópteros ou lanchas da Garda Civil nós non actuabamos para así poder traballar todos sen entorpecernos ademais de adecuar os medios dispoñibles ás circunstancias que así o requiren. Era cuestión de tempo co corpo saíse a flote. O problema é que son moitas as variables a ter en conta; a temperatura da auga, a medicación que estaba a tomar, se quedou ou non enganchado nas ramas e un sinfín máis de variables que afectan en situacións coma esta”.

Arestora, o corpo está a ser remolcado nunca barca ata a beira onde o forense certificará a súa morte e posteriormente será conducido, presumiblemente ó HULA, para serlle practicada a autopsia e así poder aclarar as circunstancias da súa morte.

No día de hoxe tamén tgar un accidente de tráfico na parroquia de Sindrán sobre as 19:20 horas. Un home chamou ao 112 para alertar de que un coche batera contra un animal, pero que este escapara correndo. O accidente saldouse con danos materiais.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...