HomeCulturaA fin de semana do 6,7 e 8 de xullo, o sur...

A fin de semana do 6,7 e 8 de xullo, o sur de Lugo estará de festa

Axenda cultural e de ocio moi completa en moitos dos concellos do sur lucense.

Publicado o

- Advertisement -

Na meirande parte dos 22 concellos do sur de Lugo, os días 6, 7 e 8 de xullo hai actividades de lecer programadas. E é que o verán é a época perfecta para poder gozar, ó aire libre, de todo tipo de actividades e festas.

Monforte: II edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

Degustación de viños de 24 adegas da D.O. Ribeira Sacra, exposición e venda de produtos gastronómicos e artesanía, obradoiros infantís e concertos musicais:

Venres día 6 ás 22:30 horas na Praza de España concerto de Najla Shami e ás 00:00 horas, no mesmo lugar actuarán Sons do Douro.

Para sábado día 7, os concertos programados, tamén na Praza de España e de balde,  son o de David Salvado e Pedro Pascual ás 22:30 horas e o da Banda da Loba ás 00:00 horas.

Progrma da II edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra/C.R.R.S.

A Pobra do Brollón: V Feira Medieval Guímara 

Comezará ás 11:30 h. co pregón do escritor guímaro Lois Diéguez e ás 12:00 h. terá lugar a representación da revolta guímara cando se opuxo ao Conde de Lemos.

Para as 12:30 e 20:00 h. está programada unha exhibición de cetraría.

Ás 12:30 e 18:30 h. demostración de oficios, nesta ocasión o de ferreiro, moi vencellado á historia do concello.

13:00 h. Ruada a cargo do grupo Alecrín.

14:00 Xantar popular.

17:30 h. Actuación infantil a cargo de “Isla Letrisca”.

Pola tarde noite destacan os xogos tradicionais ás 18:30 h. e o tiro con arco a partires das 19:00 h.

Como remate, ás 21:00 h. actuación do grupo “Euforium” e fin de festa a cargo de “Queiman e Pousa”. Gran queimada para todos os asistentes.

Presentación V Feira Guímara/Concello Pobra do Brollón

Sarria: Venres 6 ás 23:30 horas, no local da Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica Buril, estará en concerto Vrasica e o sábado día 7 de xullo, á mesma hora e no mesmo local, os interesados poderán gozar do concerto de Pauliña. Ambas actuación son de balde.

Pauliña/ACDE Buril
Vrasica/ACDE Buril

Chantada: Sábado 7 de xullo, ás 10:00 horas, diante do concello da Barrela  concello da Barrela , os interesados poderán realizar unha saída e visitar os momumentos de estilo románico da zona.

Ferreira de Pantón: Venres 6 de xullo, ás 16:30 horas, diante do monasterio do  Divino Salvador  da localidade, dará comezo a Ruta polo Románico de Pantón.

 

Cartel anunciador das Rutas do Románico pola Ribeira Sacra/Concello de Taboada

Ribas de Sil: Domingo 8 de xullo, ás 20:00 horas no Anfiteatro da Praia Fluvial, os cativos da zona gozarán do espectáculo Vacacións no Mar a cargo de Micromina Títeres.

Sober: Domingo 8 de xullo concerto de Carlos Núñez ofrecerá ás 21:30 un concerto na bodega Rectoral de Amandi ca súa xira Lugares Máxicos. O custo da entreda é de 21,60 euros.

Concerto de Carlos Núñez/Concello de Sober

 

 

 

 

ÚLTIMAS

O CCU amosa satisfacción pola súa participación activa nas mesas de traballo do ‘Plan Estratéxico do Comercio de Galicia’

Chega un importante plan para revitalizar o comercio en Galicia, trátase do 'Plan Estratéxico...

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...