HomeEconomíaO CCU amosa satisfacción pola súa participación activa nas mesas de traballo...

O CCU amosa satisfacción pola súa participación activa nas mesas de traballo do ‘Plan Estratéxico do Comercio de Galicia’

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informaba o pasado 31 de marzo da aprobación polo Consello do plan para impulsar o comercio local dotado de máis de 320 M€ e co que se busca “modernizar, visibilizar e mellorar a competitividade do pequeno comercio”. O xerente da asociación de comerciantes monfortina participou en reunións previas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chega un importante plan para revitalizar o comercio en Galicia, trátase do ‘Plan Estratéxico do Comercio de Galicia’ que foi aprobado polo Consello de Goberno o pasado 31 de marzo e presentado oficialmente o pasado xoves 3 de abril en Santiago de Compostela.

O documento contempla unha planificación para os vindeiros anos que recolle 74 accións específicas para promover un sector clave para a economía galega. Tal e como explicou o presidente Alfonso Rueda, Galicia conta “con máis de 32.000 establecementos comerciais” –é a quinta comunidade con maior número– que dan emprego “a unhas 107.000 persoas” e que son fundamentais para dinamizar vilas e cidades. Ademais, guiará as políticas públicas de apoio ao sector comercial na nosa comunidade durante o próximos cinco anos, cunha dotación de 320 millóns de euros.

Rueda resaltou tamén que o obxectivo é poñer en marcha un paquete de medidas para consolidar o comercio galego “coma un sector forte, moderno, sostible, atractivo e de calidade”. Pola súa banda, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou que este Plan “busca blindar a competitividade e o futuro” do comercio local na comunidade.

PARTICIPACIÓN DO CCU DE MONFORTE

Desde o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte amosan satisfacción por esta iniciativa e tamén pola súa participación activa nas mesas de traballo previas á redacción do plan aprobado. “Puidemos trasladar propostas reais e as necesidades concretas do comercio de proximidade en contornas como o noso, asegurando que Monforte estea representado e teña voz propia neste proxecto de futuro”, comenta o seu xerente Ángel Folgueira.

Dende a entidade consideran tamén que este plan pode ser clave para modernizar, visibilizar e reforzar a competitividade do comercio galego, abordando cuestións tan relevantes como a creación dunha marca propia para o sector, a revitalización das zonas comerciais urbanas ou a mellora da experiencia de compra.

Para rematar, fan un chamamento á acción, ao compromiso, á cooperación, a crer nas propias posibilidades e a rexeitar excusas, individualismo e lamentos. “Cremos que agora máis que nunca é o momento de que os verdadeiros protagonistas, os comerciantes, asuman o seu papel. Este plan só será útil se o fan seu, se participan activamente, se suman e se implican no seu desenvolvemento a través de ferramentas como os Centros Comerciais Urbanos ou Abertos, pensados precisamente para canalizar esa implicación e transformar a realidade do comercio local”.

Ángel Folgueira, Xerente do CCU de Monforte. Foto cedida.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...