HomeCulturaFin de semana de música no Círculo Saviñao e na Pobra do...

Fin de semana de música no Círculo Saviñao e na Pobra do Brollón

Andrés Montes este sábado na terraza do Círculo Saviñao e a agrupación tradicional Samparasón ofrecerá este domingo, 21 ás 13:00, un concerto na terraza dA Salanova, na parroquia guímara de Salcedo, dentro dos concertos concerta normalidade.

Publicado o

- Advertisement -

Samparasón e unha agrupación con gran presenza para animar as festas no municipio da Pobra do Brollón. Integran a formación, o director da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, Ibán Rodríguez (acordeón); o mestre da Escola, Fernando Estévez (clarinete); Alberte González no bombo e Martín González na caixa.

Debido á situación sanitaria actual, para acudir ao concerto é necesario reservar. Idealmente as reservas deberán facerse por grupos para facilitar a organización das mesas de xeito que se manteñan as distancias de seguridade. As reservas fanse no teléfono 982 430 501.

O primeiro concerto comezou na terceira fase da desescalada, pero a saída do estado de alarma obrigou a cambiar o nome do ciclo de ‘Concertos na Terceira Fase’ a concertos ‘con-certa normalidade’.

Os seguintes eventos serán con As Searas na Vella Taberna (domingo 28 de xuño), Garabelo no Bar Pirata (domingo 5 de xullo) e Xerezade no Primeiro de Maio (domingo 18 de xullo). Todos os concertos son de balde, previa reserva.

 

O Círculo Saviñao acolle este sábado, 20 de xuño, actuación de terraza de Andrés Montes con entrada libre. O obxectivo ir recuperando a economía e a actividade social “con sentidiño”. O aforo será do 80% das actuacións en exteriores. Pídese aos asistentes que manteñan a hixiene de mans a distancia física e que leven máscara. O concerto comezará ás 20.00 horas.

ÚLTIMAS

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Un incendio declarado na infraestrutura ferroviaria mantén cortada desde primeira hora da mañá deste...