No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e sobre as necesidades e anhelos que teñen as asociacións e xentes da zona, fronte á falta de participación e de consenso que xerou o proceso da candidatura. Participarán asociacións e persoas expertas na análise deste tipo de procesos da UNESCO e celebrarase a VIII Asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra.
A actividade terá lugar na casa da cultura co seguinte programa:
10:30h – MESA 1. O fracaso institucional da candidatura da Ribeira Sacra: por que e que facemos agora?. Interveñen nesta mesa Natalia Figueiras, historiadora da arte e restauradora, presidenta da FEARS, Xurxo Ayán Vila, arqueólogo e investigador director de distintas excavacións e investigacións na Ribeira Sacra e Francisco Allegue, arquitecto e investigador. Introduce e modera: Paula Vázquez Verao, vicepresidenta da FEARS.
(12 h: pausa café)
12:30 h – MESA 2. Voces do territorio. Problemas e solucións para as parroquias e as xentes da “Ribeira Sacra” coa participación de: Asociación Veciñal do Saviñao, Asociación Cultural Segredos de Pantón, Asociación Veciñal O Piloto de Pesqueiras, Chantada quere Sanidade, Josefa Fernández Figueiras, asociación Xuntas polo Territorio, Jorge Pérez Arias, afectado polos lumes de Pantón de 2025, Cristina Rivas e Purificación González, ANPA do CEIP de Sober
Rematarase ás 14:00 cun xantar para o que hai que incribirse antes do 3 de decembro no correo federacionribeirasacra@gmail.com antes do 3 de decembro.


