HomeCulturaMúsica e humor para animar as rúas de Sarria

Música e humor para animar as rúas de Sarria

Este sábado, a Asociación Cultural Peleiriños realizará un pasarrúas pola vila mentres que o humorista Oswaldo Digón fará un monólogo pola noite no Paseo do Malecón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria segue apostando polas actuacións de rúa para ofrecer animación musical e risas aos seus veciños e veciñas. Dentro do ciclo “Experiencias no Camiño Francés” o sábado 26 hai un pasarrúas pola mañá, ás 12:00 h., a cargo da Asociación Cultural Peleiriños, mentres que o outro que estaba programado para a tarde, a partir das 18:30 h., e que tiña como protagonista a Banda de Música de Sarria, vén de ser suspendido.

Este mesmo sábado, ás 20:00 h., o humorista Oswaldo Digón volve a Sarria despois do seu paso polo Ciclo “Sarria Sorrí”. Nesta ocasión chega dentro do evento “Historias no Camiño” que organiza a Asociación Sagrado Corazón -A.P.S.X. Sagrado Corazón- para facer un monólogo no Paseo do Malecón, diante do Bar Pepe.

Para o domingo, 27 de setembro, no mesmo ciclo que busca poñer en valor o Camiño Francés a Santiago, a Banda de Música de Sarria tería que facer outro pasarrúas seguindo un percorrido deste camiño a Compostela ás 12:30 h. pero tampouco vai ser posible. Esta actuación, xunto coa que comentamos do sábado, quedan suspendidas, anunciando o Concello de Sarria que se trasladarán aos días 17 e 18 de outubro.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...