HomesociedadeGraduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

O salón de actos do Edificio Multiusos de Monforte acolleu días atrás o acto de graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela. Unha celebración na que 44 alumnos foron os protagonistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e actualmente profesora da Universidade da Coruña, apadriñou a nova promoción. Ademais das intervencións clásicas houbo festa e unha nota de humor que puxo alumnado de 3º ESO Matías Absil, Gareth Vila, Rayan Jaadar e Leo Pascual.

As lembranzas deste percorrido de dous cursos puxéronas os alumnos e profesores participantes, pero tamén unha peza audiovisual con imaxes do seu paso polo instituto. Posteriormente, cada graduado recibiu a correspondente banda, orla e recordos da súa experiencia destes anos no centro monfortino. Guiaron o acto os alumnos de 1º de Bacharelato Araili Vásquez e Aarón Rodríguez.

Participou tamén cun emotivo discurso a súa profesora de Inglés, Cruz Maseda. O remate contou coa intervención do director do Instituto, Enrique Sampil, quen animou ao alumnado graduado a seguir formándose e a traballar no seu futuro. A graduación tivo continuidade cunha cea de confraternidade nun restaurante local. “Agora procede seguir a preparar as PAU nas que, estamos seguros, terán o mesmo éxito que ata agora. Moita sorte!!”, conclúen desde o centro.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...