HomeCultura"Pandemia virtual" do 22 de febreiro ao 5 de marzo no Saviñao

“Pandemia virtual” do 22 de febreiro ao 5 de marzo no Saviñao

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao reabre coa exposición fotográfica de Ángel Utrera, Pandemia virtual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A mostra poderá visitarse do 22 de febreiro ó 5 de marzo no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

A mostra recolle unha serie de fotografías de distintos lugares do mundo, agrupadas baixo o título xenérico de Horizontes. En palabras do autor:
Con Pandemia Virtual, pretendo establecer un dialogo interior comigo mesmo sen palabras e a través das imaxes visualizadas dende o obxectivo da miña cámara fotográfica, no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo “Virus”, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas
.


ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...