HomeCulturaDeportes da Deputación colabora no mantemento da tradición dos birlos en Pantón

Deportes da Deputación colabora no mantemento da tradición dos birlos en Pantón

Nunha visita realizada esta semana, o deputado provincial, Efrén Castro, reuniuse co alcalde Jose Luís Álvarez para abordar a posibilidade de colaborar na mellora do pavillón deportivo que, ata a crise sanitaria provocada pola Covid 19, viña acollendo as actividades das escolas deportivas, ademais de encontros organizados por colectivos veciñais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañado polas concelleiras do BNG en Pantón, o deputado tamén se achegou ata a parroquia de San Fiz de Cangas, para reunirse con representantes da asociación veciñal de San Fiz de Cangas, que mantén a tradición do xogo dos birlos na parroquia,

Efrén Castro comprometeu a colaboración da área de Deportes para facilitar o mantemento do campo de xogo, situado a carón do local social. Trátase dunha superficie de herba natural que require dun coidado contínuo para a práctica deste xogo tradicional, que se mantén con regras específicas en diferentes puntos de Galicia e que ten un especial arraigo nesta parroquia de Pantón onde organizan unha liga propia desde 2007.

O deputado adiantou “que se tramitará unha achega para que a asociación poida adquirir un cortacespede que facilite o mantemento do campo e a continuidade deste xogo tradicional, que é capaz de reunir a diferentes xeneracións”

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...