HomeCulturaRecta final da Rota do Románico e sábado de Boleros en Pantón

Recta final da Rota do Románico e sábado de Boleros en Pantón

Cunha conferencia este venres, 24 de xuño, a partir das 20:00 na Casa da Cultura de Pantón e un concerto, o día 26 a partir 19:00 no Mosteiro das Bernardas remata unha nova edición da Rota do Románico de Pantón. E o concello acolle o día 25 unha homenaxe á música latina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Pantón recuperaba despois de dous anos de pandemia a celebración dunha das súas actividades máis emblemáticas, as Xornadas da Rota do Románico. As actividades desenvolvéronse en diferentes días entre o 29 de maio e o 26 de xuño; abrindo e pechando con concertos.

Os concertos desenvolvéronse no Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador de Ferreira, comezando co grupo vocal Solo Voces e pechando o domingo, 26 de xuño, cun concerto do grupo de cámara Cuarteto Provenza. A cita será a partir das 19:00.

Como actividade previa a este concerto de clausura da Rota do Románico, este venres, 24 de xuño, ás 20:00h. no salón de actos da casa da cultura, Javier Gómez Vila, Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga falará da presenza romana na Ribeira Sacra.

Ademais de pechar as Xornadas da Rota do Románico de Pantón; o concello organiza para este sábado unha homenaxe á música latina. A partir das 23:00 SonBoleros soará na Praza do Concello.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...