HomesociedadeRamón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O CCU de Monforte prepara o relevo da súa directiva cun balance positivo e un orzamento estimado de arredor de 100.000 euros para 2027

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se presentaron as contas do exercicio 2026 e o orzamento previsto para 2027. A reunión serviu tamén para facer balance da etapa da Xunta Directiva presidida por María Núñez Martínez, propietaria das tendas Nuvé Olá e FYM Moda, e informar sobre o proceso de renovación do equipo que asumirá a dirección da asociación.

Dentro do proceso electoral convocado o pasado 9 de novembro, o prazo de presentación de candidaturas rematou este luns, ás 14.00 horas, coa presentación dunha única candidatura, encabezada por Ramón Díaz-Varela López, de Margarita Asesores, como presidente. Completan o equipo María Ana Balboa López, de Intima´s Lencería, como vicepresidenta; María del Rocío Rodríguez López, de Librería Pelayo, como secretaria; Mara González Lagoa, de Dinámica Monforte, como tesoureira; e Félix Díaz González, de OVS Monforte, e Cibrao Cabo Cerviño, de Cova do Xacio, como vogais. O novo equipo asumirá as súas funcións con efectos desde o xoves 26 de novembro de 2026, ás 21.00 horas, para un mandato de tres anos.

Na asemblea presentáronse as contas de 2026, correspondentes ao exercicio económico do CCU comprendido entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026, cun resultado positivo de 4.753,80 euros.

No balance dos catro anos da directiva saínte, incluído o seu período en funcións, destacouse un resultado acumulado positivo de 7.568,28 euros, o incremento do saldo bancario da asociación e a cancelación da débeda bancaria.

A nova Xunta Directiva recibirá unha asociación economicamente saneada e poderá contar con arredor de 50.000 euros para iniciar a súa etapa e poñer en marcha as primeiras actuacións.

Durante esta etapa melloráronse as principais fontes de financiamento. A axuda da Xunta de Galicia acadou en 2026 a maior contía dos últimos trece anos, grazas á valoración e ao recoñecemento da Dirección Xeral de Comercio ao programa de dinamización comercial presentado, ás súas actividades e ás accións formativas. A achega municipal incrementouse nun 50% neste período, pasando de 10.000 a 15.000 euros, e as cotas actualizáronse de 10 a 15 euros mensuais tras máis de quince anos sen incrementos. Estas melloras acompañáronse dunha ampliación das actividades de dinamización e formación en 2026 e do mantemento dunha base próxima aos 140 asociados.

O orzamento previsto para 2027 sitúase arredor dos 100.000 euros, dos que unha parte importante volverá destinarse ao programa de dinamización comercial, que incluirá campañas e accións formativas. A nova Xunta Directiva definirá, en coordinación con Ángel Folgueira, xerente da asociación, a programación e as prioridades da próxima temporada. Mentres tanto, o equipo en funcións xa avanzou na preparación da campaña de Nadal para facilitar a transición e asegurar a continuidade dunha das principais accións comerciais do ano.

ÚLTIMAS

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...