O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade 26/27 ao abeiro da Orde do 09 de xullo de 2026, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 138 do 24 de xullo de 2026; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
O obxectivo do programa é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral.
O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 17 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación, en caso necesario, poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.
| NOME DO CURSO |
| MANTEMENTO BÁSICO DE LIMPEZA EN INSTALACIÓNS |
| CONDUCIÓN DE CARRETILLAS ELEVADORAS |
| ORGANIZACIÓN DO ALMACÉN |
| TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEROS AUXILIOS |
| INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO |
| COACHING: DESENVOLVEMENTO DE PERSOAS |
| HABILIDADES SOCIAIS DE ATENCIÓN AO CLIENTE NA VENDA |
| TÉCNICAS E COIDADOS AUXILIARES EN XERIATRÍA |
| SINATURA DIXITAL |
| PROCESO DE EMPRENDER |
| MANIPULADOR DE ALIMENTOS |
| ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR |
| OPERACIÓNS BÁSICAS DE CAIXA |
| MONITOR DE TEMPO LIBRE |
| O DEPORTE COMO FERRAMENTA DINAMIZADORA |
| ANÁLISE DE RISCOS ESPECÍFICOS NO POSTO DE TRABALLO |
| DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR CON AUTOCAD 3D |

As persoas candidatas a participar son preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Non obstante se algunha persoa non citada está interesada en formar parte do programa, poderá acudir á selección que comezará o 2 de decembro nos concellos de Sober e Pantón, para rematar o 10 en Carballedo e Chantada.
O requisito imprescindible para todas aquelas persoas que desexen participar no programa é estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección.
Datas e horas da selección por concello:


