HomeDeportesMonforte será a saída da carreira Gallaecia-AR World Championship 2021

Monforte será a saída da carreira Gallaecia-AR World Championship 2021

O presidente da Deputación, José Tomé, subliña que o retorno económico da competición será superior aos 200.000 euros pola presenza destas 600 persoas entre participantes e equipos de apoio.

Publicado o

- Advertisement -

O campionato do mundo de carreiras de aventura, a Gallaecia-AR World Championship 2021, sairá o 2 de outubro de Monforte de Lemos nunha cita que percorrerá ata o 9 de outubro as provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este mércores en Monforte unha proba que “fará historia no deporte na provincia, pero tamén en Galicia e en España”, xa que será a segunda vez que se celebre no país.

O campionato bate este ano a marca de participación, con preto dun centenar de equipos inscritos e máis de 400 participantes de 24 países de Europa e América. Percorrerán un trazado de 620 quilómetros con etapas que combinan kaiak, bicicleta de montaña e ‘trekking’.

Respecto diso, Tomé subliña que o retorno económico da competición será superior aos 200.000 euros pola presenza destas 600 persoas entre participantes e equipos de apoio. Ademais, estímase que haberá unha audiencia de máis de 7,5 millóns de persoas. A Deputación de Lugo achega 60.000 euros para a organización da carreira.

ÚLTIMAS

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...