HomeEconomíaV Espazo Coworking Ribeira Sacra

V Espazo Coworking Ribeira Sacra

O Centro do Viño vén de acoller a xornada de difusión do V Espazo Coworking Ribeira Sacra para emprendedores organizada polo Concello de Monforte, o IGAPE e a Escola de Organización Industrial (EOI).

Publicado o

- Advertisement -

A finalidade desta xornada foi informar de como participar no V Espazo Coworking Ribeira Sacra, que está enfocado a orientar a todos aquelas persoas que teñan en mente unha idea de negocio e queiran desenvolvela. Así, ante perto de 30 asistentes, os diferentes poñentes explicaron o funcionamento deste tipo de espazos coworking, a metodoloxía empregada, así como as fases das que consta o programa.

Os emprendedores aportaron a súa experiencia práctica, unha vez que xa puxeron en marcha a súa iniciativa empresarial, logo de participar en espazos coworking en pasadas edicións. Foi o caso de Cándida Rodríguez Castro, da empresa “Coaching con cabalos”, Xosé García Freire, promotor da empresa “Casa da Fonte” e Martín Mantilla Rodríguez, promotor do establecemento de hostalería “BERSO”.

Como en edicións anteriores, a sede do Espazo Coworking Ribeira Sacra será Expolemos.  Este venres 31 remata o prazo de inscrición para esta quinta edición do Espazo Coworking Ribeira Sara. Os interesados poden facelo a través do seguinte enlace: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/monforte-de-lemos-5a-edicion. Ou ben na Oficina de Promoción Económica do Concello de Monforte (Casitas da Compañía) e no teléfono 982 884 775.

As 4 edicións celebradas en Monforte, supuxeron un gran éxito de participación, cun total de 97 emprendedores e emprendedoras titorizados que levaron a constituír 33 empresas. Nel poden participar persoas de tódalas idades que teñan en mente un proxecto de calquera sector, xa sexa turístico, gastronómico, do sector servizos, agrícola, etc.

A matrícula é gratuíta e celebrarase nas instalacións de Expolemos. O Espazo Coworking ofrecerá asesoramento durante uns 6 meses e está concibido para emprendedores que aínda non constituísen a súa empresa ou para persoas que estean nunha fase inicial de desenvolvemento do seu proxecto.

ÚLTIMAS

Proxectos musicais do sur de Lugo que optan aos ‘Premios Martín Códax da Música’

Conta atrás para coñecer os gañadores da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música con 48...

Laboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que se celebra ata finais de xuño

O Laboratorio de Experiencias propón un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos...

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da...