HomeEconomíaTes un proxecto empresarial e necesitas axuda para comezar?

Tes un proxecto empresarial e necesitas axuda para comezar?

Ata o 16 de febreiro está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org, para participar no VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. O 1 de marzo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

Publicado o

- Advertisement -

No 2014, a raíz do premio da Lotaría do Neno en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio, tomaron a iniciativa de que esa sorte revertese en Monforte e contorna, e crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte. Neste 2020 a iniciativa adquire unha nova dimensión coa incorporación da Deputación de Ourense e os concellos de Monforte de Lemos, Sober, A Pobra do Brollón, Chantada, Bóveda, Pantón e O Saviñao e pasa a chamarse Semente Ribeira Sacra.

O Concurso ten por obxecto incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra, para desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos; pero ábrese a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descripción xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería invertir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 17 de Abril do 2020, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O 9 de Maio de 2.020, os 10 candidatos deberán defender o seu proxecto diante do xurado, formado polas empresas patrocinadoras, institucións colaboradoras e dous membros da Asociación Semente Monforte. O fallo e a entrega de premios farase nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...