HomeMedio ambiente e PatrimonioA xustiza desestima o recurso da Xunta para levantar a suspensión das...

A xustiza desestima o recurso da Xunta para levantar a suspensión das obras do megaparque eólico do Oribio

O alto tribunal galego é moi crítico cos argumentos da Xunta e da empresa.

Publicado o

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) volveu darlle un novo toque de atención severo á Xunta tras desestimar o recurso interposto pola Consellería de Industria contra o auto do pasado 16 de outubro no que o alto tribunal galego acordaba a supensión do megaparque eólico do Oribio.
Nunha nova sentenza en resposta á denuncia inicial da entidade ambientalista Petón do Lobo, o TSXG desestima as alegacións da Xunta para evitar a suspensión provisionalmente do acordo do Consello da Xunta do pasado 27 de xuño, así como as súas disposicións normativas, nas que se daba vía libre á continuación das obras do megaparque eólico na Serra do Oribio, entre os concellos de Samos e Triacastela.
O alto tribunal galego entende que, mentres que non se actualice a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto xa que data de 2005, e mentres non se xustifique a prevalencia do uso “pretendido pola Xunta ao aprobar o proxecto industrial”, as obras deben de ser paralizadas. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...