InicioComarca de QuirogaRibas de SilO alcalde de Ribas de Sil: "O lume foi provocado"

O alcalde de Ribas de Sil: “O lume foi provocado”

"Era un día de cans, andaba moito aire e levou o lume a todas partes", di.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, lamentou a “desgraza” que, ao seu xuízo, supuxo o incendio declarado na parroquia de Nogueira, que xa foi extinguido, para a Ribeira Sacra e constatou que deixou danos “cuantiosos”.

En concreto, trátase dun lume xa rexistrado o pasado 5 de setembro na parroquia de Nogueira e que foi extinguido sobre as 21,00 horas deste sábado. A este respecto, o rexedor mostrouse convencido que o lume, que levou por diante 140 hectáreas, foi “provocado“.

Sotuela concedeu que se trata dunha “desgraza”, con “unha chea de monte queimado”. “E parécenos que polos focos cando empezou todo isto que (o incendio declarado en Nogueira e o orixinado na parroquia de Ribas de Sil, que arrasou 1.600 hectáreas,) son intencionados, aínda que haberá que esperar a que se investigue todo isto”, afirmou.

O alcalde de Ribas de Sil puxo de manifesto, con respecto ao gran incendio na Ribeira Sacra, que “é todo o mesmo, a mesma noite e o mesmo día”, polo que considerou que “está todo vinculado”. “Era un día de cans, andaba moito aire e levou o lume a todas partes”, describiu.

En canto aos danos na parroquia de Nogueira, constatou que son “cuantiosos” debido a que se trata de “unha zona onde hai moita masa forestal que foi queimada”. “É unha zona de piñeiros moi grande. Algunhas zonas estaban recentemente repoboadas e noutras estaba a quitarse madeira. Afectou a tres ou catro comunidades de montes”, certificou finalmente Miguel Ángel Sotuela.

ÚLTIMAS

Convenio con Abanca que permitirá expor en Monforte a historia en fotografías da emigración galega

A exposición “Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española...

Éxito no comezo da Comunidade Rural Montes de Saberes

Escairón acollía a finais de abril a primeira reunión da Comunidade Rural Montes de...

Formacións sobre redes sociais e videochamadas en Quiroga

A Aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga acollerá dous novos cursos de...

“As catas existiron toda a vida”, Juanjo Figueroa, pregoeiro da Feira do Viño de Vilachá

A 31 edición da Feira do Viño de Vilachá bota a andar este venres...