HomeComarca de QuirogaQuirogaFormacións sobre redes sociais e videochamadas en Quiroga

Formacións sobre redes sociais e videochamadas en Quiroga

Desenvolveranse en horario de mañá do 20 ao 24 de maio na Aula Cemit da Casa da Cultura e forman parte do programa RUS-TICs, de promoción da participación social da Fundación Impulsarse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga acollerá dous novos cursos de formación sobre o uso das novas tecnoloxías, dentro do programa RUS-TICs, de promoción da participación social da Fundación Impulsarse (Agrupación Redevital).

Haberá dúas liñas de formación, unha de iniciación ás redes sociais Facebook, Instagram e Twiter e o outro sobre como realizar videochamadas para uso persoal e profesional a través de Whatsapp, Duo, Skype, Teams e Zoom.

O curso de iniciación ás redes sociais desenvolverase do 20 ao 24 de maio entre as 9:00 e as 12:00 h.; mentres que o de realización de vídeochamadas realizarase os mesmos días pero en horario de 12:00 a 14:00 horas.

Son programas dirixidos á mocidade, a familias en dificultade para a súa inserción, e persoas con discapacidade, persoas maiores e poboación en xeral que se atopen en situación de vulnerabilidade, pero sobre todo dirixidos especialmente ás persoas do rural en xeral.

As persoas interesadas en participar nun ou nos dous cursos deberán de anotarse a través do teléfono da Casa da Cultura, o  982 43.51.25 ou a través do 698.127.315

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...