HomeMovementos sociaisCC.OO. defende os dereitos dun dependente monfortino

CC.OO. defende os dereitos dun dependente monfortino

Despois de varios anos reclamándolle ao Concello os beneficios de prezo nas horas de axuda no fogar, a xustiza dálle a razón. O sindicato apoiou en todo momento as súas reivindicacións.

Publicado o

- Advertisement -

O veciño dunha parroquia monfortina verá recoñecido, por fin, o seu dereito á rebaixa no prezo das horas do servizo de axuda no fogar, prestación que ten solicitada dende hai xa varios anos.

Segundo indican fontes de CC.OO., este nonaxenario tiña dereito a pagar as horas de axuda a domicilio a 3,09 euros e non a 8,06 -prezo estándar- dende o momento que solicitou este beneficio aos servizos sociais do Concello de Monforte, pero os acordos da Alcaldía e da Xunta de Goberno negáronllo reiteradamente.

Dende a Secretaría de Acción Sindical de Comisións Obreiras apoiaron en todo momento ao prexudicado dada a situación de inxustiza creada e as súas circunstancias persoais que facían imprescindible unha atención personalizada na súa propia casa ao ser tan maior e vivir só nunha parroquia do rural monfortino. Diante da negativa do Concello, que foi desestimando todas as reclamacións e recursos formulados polo interesado nestes últimos 2 anos, CC.OO. elevou a controversia á Xunta e interpuxo recurso contencioso-administrativo no seu nome.

Este pasado mes de xuño, o Tribunal do Contencioso Administrativo dáballe a razón ao reclamante monfortino e unha resolución da Xunta de Galicia, dacordo con este fallo xudicial, obriga ao Concello de Monforte a darlle o servizo de axuda a domicilio ao prezo reducido de 3,09 euros. Este importe correspóndelle en base aos seus ingresos e grado de dependencia, tal como solicitaba o nonaxenario.

Mario Docasar amosa a súa satisfacción tras esta resolución “esperando que non volvan a repetirse este tipo de decisións caprichosas por parte do Concello de Monforte e do Sr. Alcalde”. Así mesmo, insta a que Alcalde e Xunta de Goberno acaten o fallo e que devolvan o cobrado indebidamente nos anos que transcorreron por mor desta controversia.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...