HomePolíticaO PP presenta novos cabezas de lista en 29 concellos da provincia

O PP presenta novos cabezas de lista en 29 concellos da provincia

Os populares presentan candidaturas nos 67 concellos da provincia para as  municipais, reunindo a preto de 1.000 persoas no seu proxecto

Publicado o

- Advertisement -

As 67 listas coas que concorre o Partido á cita coas urnas do vindeiro 26 de maio suma 724 veciños e veciñas aos que hai engadir outras 274 persoas que figuran como suplentes das candidaturas populares na provincia ata alcanzar 998 nomes que “conforman os mellores equipos cos mellores programas para cada concello”, sinala a presidenta provincial do PP, Elena Candia.

Candia agradece “aos alcaldes o seu comprometido traballo” e “aos voceiros que traballan día a día defendendo o proxecto político do PP en clave local”. Destacou tamén a fidelidade dos que se despiden, como os alcaldes do Páramo, O Corgo e Guntín.

Dos 67 cabezas de lista do Partido Popular da provincia un total de 29 non encabezaban a candidatura nos comicios electorais do 2015. Polo tanto, a renovación dos candidatos ás alcaldías édun 43,3%. Nove concellos contan con mulleres na primeira posición da candidatura popular incrementándose o número de candidatas con respecto ao 2015 nun 50%.

ÚLTIMAS

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora...

O 7 de marzo comeza na Ribeira Sacra o XVIII Estase Cocendo

Como viña sendo habitual, o público poderá degustar o cocido do Estase Cocendo en...

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...