HomePolíticaO BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O BNG vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento galego instando a Xunta a informar acerca do proxecto da empresa Grenergy para a parroquia de Pesqueiras, no concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta “preocupación e inquietude” polo proxecto desta planta de almacenaxe de enerxía. Segundo o proxecto, ocuparía un terreo de catro hectáreas e implicaría a instalación de dúas subestacións nun territorio moi achegado á zona Ben de Interese Cultural. A instalación desta planta, segundo denuncian as veciñas e veciños de Pesqueiras, podería acarrear danos á saúde da poboación polos ruídos que estas xeran, á parte do impacto visual que evidentemente tamén teñen.

O responsable local do BNG en Chantada insiste na “preocupación e inquietude” da veciñanza a este respecto e vén de pedir explicacións e información á Xunta sobre o proxecto. “Queremos saber que opina o goberno de Alfonso Rueda desta posíble instalación da planta de almacenaxe de enerxía e se ve viable que o proxecto vaia adiante aínda coa oposición frontal da veciñanza”, indica Suárez que tamén aplaude a “iniciativa das veciñas e veciños de Pesqueiras que xa están a levar a cabo reunións e encontros parroquiais para se organizar e tentar defender o seu territorio”.

Segundo o BNG instalaranse 144 baterías e dúas subestacións “cun impacto descoñecido, pero desde logo grande” e instan tamén ao concello de Chantada a pronunciarse sobre o proxecto, “a poñerse do lado da veciñanza e a aceptar a reunión que se lle pediu por parte das e dos habitantes de Pesqueiras”. Lembran os nacionalistas que o proxecto encóntrase agora en fase de alegacións que deben ser entregadas na delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....

O Xeoparque Montañas do Courel, anfitrión na I Olimpíada de Bioloxía da ESO de Galicia

A I Olimpíada de Bioloxía da ESO de Galicia, dirixida ao alumnado de 4º...