HomesociedadeMonforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

Este procedemento súmase ao xa en marcha para a contratación do servizo de Desratización, desinsectación e desinfección dirixido a reducir a presenza de pragas e garantir as condicións hixiénico-sanitarias no municipio. Neste caso, o procedemento arrancou o 16 de marzo e atópase actualmente en fase de valoración de ofertas. O prezo de saída deste contrato é de 4.598€ anuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación. O obxectivo deste servizo será o de reducir a poboación da pomba doméstica (Columba livia) mediante métodos non violentos nin crueis, en todas aquelas zonas do termo municipal de Monforte de Lemos onde se determine que a súa densidade de poboación excede dos niveis normais para dita especie e que isto repercute nas condicións hixiénico-sanitarias ou ambientais do lugar influíndo na degradación patrimonial.

O alcalde explica que as empresas aspirantes “deben estar debidamente especializadas e homologadas polas autoridades competentes para estas tarefas”, co fin de elaborar e levar a cabo un Plan Integral para o control de pragas e de pombas domésticas no municipio. Asegura o rexedor que, “debido as molestias e prexuízos que a superpoboación de pombas causan ós cidadáns e edificios do municipio, é preciso realizar labores de control que reduzan a poboación de pomba doméstica asentada na cidade de Monforte, ata uns mínimos aceptables”.

Realizarase tamén un seguimento, censado e estudo da poboación de pombas existentes no Concello de Monforte e do seu estado sanitario xeral. O plan anual de acción contemplará a actuación específica na vía pública, edificios e instalacións municipais, así como as propostas de actuación en aqueles lugares que constitúan puntos afectados por sobrepoboación de pombas.

En particular, os traballos que deberá realizar a empresa adxudicataria son os seguintes:

  • Control de pombas en parques e xardíns, casas e solares deshabitados, cemiterio e, en xeral, todos aqueles lugares onde proceda, a proposta do Concello.
  • Control de pombas en dependencias municipais, colexios públicos e, en xeral, todos aqueles lugares onde proceda. a proposta do Concello.
  • Atención de avisos ou incidencias ocasionados pola poboación de pombas do municipio que afecten á saúde pública.

Desratización, desinsectación e desinfección

O Plan Integral contemplará a actuación específica na vía pública e rede de sumidoiros, edificios e instalacións municipais, así como as propostas de actuación naqueles lugares que constitúan puntos singulares de infección. Así mesmo, as empresas candidatas deberán especificar debidamente o plan e a metodoloxía de traballo, así como os métodos de control a empregar, co fin de avaliar a efectividade do tratamento levado a cabo.

Os traballos que deberá realizar a empresa adxudicataria son os seguintes:

  • Desratización das redes de sumidoiros municipais, saídas de augas fecais, parques e xardíns, casas e solares deshabitados, cemiterio e, en xeral, todos aqueles lugares onde proceda realizar os servizos a proposta do Concello.
  • Desinsectación e desinfección, co obxectivo de establecer un control da poboación de insectos, de incidencia habitual ou puntual, en lugares onde aparezan ou se desenvolvan e puideran constituír unha praga ou derivar en problemas hixiénico-sanitarios.
  • Desratización, desinsectación e desinfección de dependencias municipais, colexios públicos e, en xeral, todos aqueles lugares onde proceda realizar os servizos a proposta do Concello.
  • Atención de avisos ou incidencias ocasionados polos vectores obxecto dos traballos.
  • Ademais do anterior, a empresa adxudicataria do servizo deberá tratar debidamente calquera outra praga de insectos ou similares que poida producirse na localidade e que poida afectar á saúde pública.

O contrato contempla tamén o desenvolvemento das actuacións preventivas que sexan precisas, co obxectivo de conseguir unha redución e eliminación da poboación problemática no municipio. Todos os traballos serán realizados por persoal cualificado e realizaranse coas máximas garantías de seguridade para persoas, animais e o medio ambiente. Neste senso, a contratación esixe que a empresa adxudicataria conte cunha Dirección Técnica que supervise, avalíe, controle e se responsabilice dos traballos desenvolvidos baixo a supervisión da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

O Xeoparque Montañas do Courel, anfitrión na I Olimpíada de Bioloxía da ESO de Galicia

A I Olimpíada de Bioloxía da ESO de Galicia, dirixida ao alumnado de 4º...