HomeMedio ambiente e PatrimonioXornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

Foi este xoves, 16 de abril, na Área Recreativa de Ribas Altas, e formou parte dela o alumnado de 5º de Primaria do Colexio Novo. A organización correu a cargo do Clube de Pesca Río Cabe.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable co alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilíngüe de Monforte de Lemos, ‘Colexio Novo’, este xoves 16 de abril.

A actividade, organizada polo Clube de Pesca Río Cabe, desenvolveuse na Área Recreativa de Ribas Altas e serviu para que a cativada se familiarizara e collese vínculo co seu ecosistema. Así, pois, os e as participantes participaron en dinámicas de identificación de especies, aprendendo a distinguir especies autóctonas das especies invasoras. Durante o encontro, os membros do clube organizador trasladaron aos estudiantes as claves da normativa de pesca 2026, destacando a talla mínima das capturas e a protección total do salmón nesta tempada.

Baixo o lema “Gardiáns do Cabe”, a xornada quixo poñer tamén o foco na educación de ‘residuo cero’. “Un pescador do século XXI non só busca peixes, busca deixar o río mellor do que o atopou. Os escolares comprometéronse coa iniciativa de Residuo Cero, que consiste en retirar plásticos e sedais abandoados en visitas futuras”, explican dende o Clube de Pesca Río Cabe.

Alumnado recollendo lixo. Foto: Clube de Pesca Río Cabe.

Ao rematar a actividade, a entidade deportiva agradeceu ao Colexio Novo ter pensado neles para a organización da mesma, e agasallou ao profesorado e ao alumnado participante cunha gorra violeta do clube.

ESCOLA DE PESCA

Dende o Clube de Pesca Río Cabe aproveitaron para convidar ao alumnado participante a sumarse á súa Escola de Pesca na Área Recreativa de Ribas Altas, unha actividade de balde que se desenvolve cada xoves. Ademais, o clube facilita todo o material necesario –canas, carretes, aparellos– para iniciarse no deporte.

Grupo de participantes na actividade coa gorra do clube. Foto: Clube de Pesca Río Cabe.

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...