HomePolíticaA eterna demanda do desdobramento do corredor Lugo-Sarria-Monforte

A eterna demanda do desdobramento do corredor Lugo-Sarria-Monforte

Os socialistas da Comarca de Sarria denuncian que a Xunta leve 10 anos sen atender as peticións dos máis de 22.000 veciños dos 7 concellos da comarca.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os socialistas a única actuación que se recolle nos presupostos é a conversión en autovía do corredor, desdobramento que os cidadáns levan anos reclamando. A Xunta comprométese cun desdobramento parcial dende A Pobra a Sarria, que afectaría aos municipios de maior poboación, pero deixa fóra a zona de máis transito e de maior perigosidade. Ademais din desde o PSOE que para 2019 os populares só comprometen o 4% dos fondos necesarios para executar este proxecto parcial, pois no orzamento para o vindeiro ano figura 1 millón cando estas actuacións superan os 23 millóns, segundo dixo a Xunta.

Nesta situación os socialistas solicitan o desdobramento integral do corredor e piden a execución doutros proxectos que os populares non recollen nos orzamentos e que a veciñanza reclama, como a mellora da estrada LU-622 dende o quilómetro cero en Corvelle, no municipio de Sarria, ao 8, na inserción coa LU-621 en Láncara.

No concello de Láncara reclaman tamén novos accesos á Pobra de San Xiao desde a LU-546, actuacións que se consideran necesarias para o novo deseño urbanístico previsto neste Concello. A senda peonil e a rotonda na estrada LU-621 desde a Urbanización de Valdriz a Pobra de San Xiao é outra das demandas, asi como a rehabilitación e equipamento do Colexio Ramón Piñeiro na Pobra de San Xiao.

PSOE comarca de Sarria / PSOE provincial

Para Sarria demandan unha escola infantil ou gardería pública e que se amplíe a EDAR porque o actual sistema non ten capacidade suficiente e provoca verquidos ao río, coas conseguintes multas para o concello. No Incio piden a ampliación da LU-641, unha das vías do Incio cara Samos da que hai feitas as expropiacións pero nunca se fixo nada.

Solicítanse máis medios para colaborar cos Concellos no acondicionamento de estradas e accesos locais tras o último temporal e fondos para axudar aos veciños que tiveron perdas con este temporal. No concello de Paradela solicítase o arranxo e ampliación do local social de Vilaragunte, a construción dun local social na parroquia de Castro de Rei de Lemos, a rehabilitación estrutural e integral das antigas escolas de Paradela e a dotación dun parque infantil.

ÚLTIMAS

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...

‘Os contos de lobicán’, teatro infantil e familiar en Monforte

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Monforte de Lemos o espectáculo "Os contos de...

Un incendio nunha vivenda alerta aos veciños de Láncara

Un incendio calcinou por completo unha habitación dunha vivenda en Láncara durante a noite...