HomePolíticaO Porto Seco de Monforte, unha realidade efectiva ou a eterna arma...

O Porto Seco de Monforte, unha realidade efectiva ou a eterna arma política

O alcalde de Monforte, José Tomé, asegura que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón desde hai 3 meses, do permiso de Fomento para enlazar o acceso do Porto Seco coa N-120.

Publicado o

- Advertisement -

En xuño deste ano a Xunta solicita ao Ministerio de Fomento o informe para poder sacar adiante as obras de enlace do Porto Saco coa N-120. Con data 21 de agosto, o Ministerio respóndelle á Xunta que a actuación solicitada polo goberno galego ten informe favorable. A mediados de novembro a Conselleira  de Infraestruturas, de visita en Monforte, solicítalle ao alcalde a súa colaboración para que Fomento axilice os trámites para o acceso do Porto Seco. Ésta é a secuencia de feitos, segundo o  alcalde de Monforte “isto demostra que a Conselleira non se entera ou mente de xeito descarado. Ademais, proba que o seu Departamento carece de proxecto para acometer esta obra”.

Para o mandatario local esta situación é moi grave porque supón un desprezo aos monfortinos, “unha vez máis o Porto Seco emprégase para facer política e provocar confrontación entre administracións. Queda claro que a Xunta non ten xa ningún impedimento para facer esta obra, só falta vontade”.

José Tomé agarda explicacións desde a Consellería e dí, non aceptar a calada por resposta. Espera que a administración autonómica redacte o proxecto canto antes, unha vez que hai autorización de Fomento para realizar as obras deste tramo de acceso. Segundo o mandatario local, “isto demostra que eu tiña razón cando dixen que os 750.000 euros dos orzamentos da Xunta tampouco se van gastar no 2019, un ano máis son nun paripé”.

ÚLTIMAS

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...