HomesociedadeA Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

O Concello de Monforte de Lemos organiza o vindeiro xoves 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil para achegar á veciñanza ferramentas prácticas co fin de alongar a vida útil do noso armario e transformar a nosa relación coa moda a través do deseño circular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa temos. Fronte a unha industria da moda que figura entre as máis contaminantes e a uns millóns de toneladas de téxtiles que se desbotan cada ano aínda con vida útil, os obradoiros apostan pola economía circular: reparar, transformar e re-imaxinar.

Estes cursos pensados para quen quere perder o medo á agulla e gañar autonomía co costureiro terán a seguinte axenda:

  • Xoves 15 de outubro, de 9:00h a 11:30h – “Primeiros pasos na costura”. Coñecemento das ferramentas básicas, como enfiar a agulla, facer nós de remate e practicar as puntadas fundamentais (hilván, punto atrás e sobrefiado). Cada participante elaborará un mostrario de puntadas físico que servirá de guía de consulta.
  • Xoves 15 de outubro, de 12:00h a 14:30h – “Aprende a reparar”. Como coser distintos tipos de botóns, colocar corchetes e realizar reparacións e reforzos de costuras, para evitar que unha peza remate no lixo por un pequeno estrago que se pode amañar facilmente.

Con esta programación o Concello busca achegar a formación á cidadanía e fomentar hábitos de consumo responsable e reutilización. Estas actuacións van dirixidas a incrementar a coeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Participación e prazo

Para participar é preciso inscribirse previamente e os interesados poderán facelo, cubrindo a instancia que se atopa a disposición de todo o mundo a través do código QR que aparece no cartel dos cursos e que está a disposición de todos e todas na páxina web do Concello, ou de forma presencial, no Concello de Monforte.

O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 14 de outubro ás 14:00 horas, establecéndose un  límite de participantes de 20 persoas/curso que serán seleccionadas por orde de inscrición. Os alumnos seleccionados, serán avisados telefónicamente o día 14 pola tarde, para confirmar a súa participación nos respectivos cursos.

ÚLTIMAS

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...