HomesociedadeContratadas as obras da residencia da terceira idade na Pobra do Brollón

Contratadas as obras da residencia da terceira idade na Pobra do Brollón

Presentáronse 19 ofertas e adxudicóuselle a Campos Lameiro S.L, cunha rebaixa de 345.000 euros, unha redución de 90 días no prazo de execución e unha ampliación ata os 24 meses na garantía

Publicado o

- Advertisement -

A residencia da Pobra do Brollón, situarase na Avenida de Outeiro, contará cunha superficie construída de 1.779 metros cadrados. O novo inmoble de 2 plantas estará distribuído do seguinte xeito: o semisoto terá 277 metros cadrados nos que se instalarán un almacén, lavandería, vestiario e locais técnicos e a planta baixa, de 1.531 metros cadrados, na que se situarán a área residencial, a zona de convivencia, o comedor e cociña, a área de atención especializada e os espazos de dirección e administración.

A área residencial, con zona dedicada exclusivamente a dormitorio, ocupa toda a parte frontal do edificio e disporá de 18 cuartos dobres, con baño adaptado. O centro tamén contará con despacho médico, sala de curas, 2 habitacións de enfermería e un baño asistido.

A residencia, cun investimento de 1,4 millóns de euros, contará con 36 prazas. Desta cantidade, a Deputación achega 1,2 millóns de euros e o Concello colabora con 200.000 euros. As obras poderán iniciarse unha vez formalizado o contrato e acadados o permisos correspondentes.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...