HomeComarca de ChantadaChantadaOs animalistas piden endurecer os psicotécnicos de caza tras o caso de...

Os animalistas piden endurecer os psicotécnicos de caza tras o caso de malos tratos en Chantada

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera pediu endurecer os psicotécnicos de caza tras o caso de malos tratos animais en Chantada cunha cadela á que o seu propietario disparou, golpeou e arrastrou polo chan.

Libera critica o que considera “o cinismo dos lobbies procaza que, por unha banda afirman condenar os feitos, mentres manobran para impedir o endurecemento dalgunhas normas que lles regulan”.

Denuncian que os cazadores tentaron “rebaixar a idade para portar armas de fogo en Galicia, reducindo a idade para practicar a caza dos 16 aos 14 anos, que ata o Valedor do Pobo reprobou á Xunta este pacto cos grupos de presión, obrigando á administración a recular”.

Tamén falan da “escasa preocupación do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo pola seguridade nas cazarías, con tan só oito controis de alcoholemia realizados no período 2013-2018 e cunha norma que nin sequera esixe un consumo cero para poder portar unha arma e saír ao monte a matar animais”.

“O seu único traballo na materia foi subvencionar ‘cursos de seguridade’ cuxa asistencia é ínfima en comparación ao número de licenzas”, engaden.

Nesta liña, acusan o Goberno galego de manter o “silencio” desde que se coñeceu o caso da cadela maltratada, o cal, din, “contrasta coa iniciativa de oficio do Defensor do Pobo”, que pediu á Consellería de Medio Ambiente que traslade este suceso á Fiscalía.

Libera propón a modificación da Lei de Caza para endurecer os controis psicotécnicos e médicos, incluíndo a obriga de que “se realicen cunha periodicidade regular e que o exame da licenza de caza inclúa disposicións sobre benestar animal, cuestión que individuos como o de Chantada parecen descoñecer”.

E lamenta que os cazadores se opuxesen á Lei de Benestar Animal de 2017 que prohibe prácticas habituais no mundo cinexético como o uso de crueis colares de descargas eléctricas, a mutilación de orellas e colas dos cans ou o seu mantemento en canceiras inmundas sen ver a luz natural.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...