O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades que forman parte do Programa deportivo de verán. As listas inclúen a todas aquelas persoas que presentaron a preinscrición entre o 11 e o 20 de maio e que contan con todos os requisitos establecidos para participar. O número total de solicitudes foi o seguinte:
- 1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 88 solicitudes
- 2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 75 solicitude
- 3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 65 solicitudes
- XX Campus de Fútbol Cidade de Monforte: 107 solicitudes
- Cursos de tenis: 14 solicitudes
Para formalizar a súa matrícula debe de presentarse o formulario de inscrición e no caso de nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, cuestionario de saúde e autonomía persoal, co fin de planificar os apoios necesarios. A inscrición pode facerse no correo electrónico deporte.veran@concellodemonforte.com ou nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.
As persoas con praza, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, faráselles entrega, ben presencialmente ou a través do correo electrónico indicado pola persoa interesada, da carta de pago correspondente coa súa inscrición. O pago poderano facer en Abanca, presentando a carta de pago, ou a través da pasarela de pagos habilitada na páxina web www.monfortedelemos.es A data límite para realizar o pago será o 19 de xuño.
Todas aquelas persoas que non fixeran a preinscrición e estean interesadas en participar nas actividades do programa deportivo, poderano facer naquelas nas que queden prazas libres.
- 1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 32 prazas
- 2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 45 prazas
- 3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 55 prazas
- Cursos de tenis: 14 prazas
CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL
As persoas interesadas poderán xestionar a súa matrícula na propia piscina.
• CURSOS INFANTIL E NENOS: cursos intensivos quicenais de luns a venres
- 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
- 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
- 3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto
- 4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto
• CURSOS DE BEBÉS, ADULTOS (+16 anos) E XIMNASIA ACUÁTICA: cursos mensuais dous días á semana

