Iniciosociedade85 anos e sen acceso en vehículo á súa vivenda

85 anos e sen acceso en vehículo á súa vivenda

O PSOE de Folgoso do Courel demanda ao Concello que arranxe o camiño público de aproximadamente 700 metros, que vai á casa desta veciña en Ferreirós de Abaixo.

Publicado o

- Advertisement -

A Voceira Socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez rexistrou unha moción, que será debatida no vindeiro pleno, na que reclama que se arranxe un camiño en Ferreirós de Abaixo, onde vive soa unha persoa de 85 anos, xa que só existe un acceso polo que non se pode acceder con ningún vehículo.

De non ter fondos para esta actuación dende as arcas municipais, os socialistas piden que se solicite do plan único da Deputación previsto para o 2020. Nesta mesma moción piden que “se poda acceder en coche a esta vivenda, e que si está enferma poida tamén acceder unha ambulancia, incluso as traballadoras de axuda a domicilio poidan chegar ata a porta da casa e non teñan que ir camiñando”. Advirten que “o camiño existente a parte de non acceder os vehículos, estase a fundir na parte cerca da casa da veciña”.

Os socialistas solicitan que esta veciña “conte cun servizo para persoas dependentes diariamente, ou polo menos que dende os servicios sociais teñan un seguimento diario das súas necesidades a través de visitas presenciais, ou por medio da teleasistencia 24 horas”.

ÚLTIMAS

Destilación de crise e medidas de apoio para a D.O. Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que pedirá ao Ministerio de Agricultura,...

Ruta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

A natureza concibida como unha gran aula foi o escenario dunha actividade organizada polo...

Presentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde do Concello de Pantón,...

Presentada en Taboada a programación de ‘RaizameS’

Conta atrás para a segunda edición de 'RaizameS' que se celebrará os días 10,...