HomeTerra de LemosPantónPresentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

Presentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

A Delegación Territorial da Xunta acolleu o martes 7 de maio a presentación desta cita vitivinícola que contará con 10 adegas expositoras na súa 29 edición. O evento celebrarase a fin de semana do 11 e 12 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, participaron na presentación da 29ª edición da Mostra de viños da Ribeira Sacra. Arias destacou a colaboración da Administración autonómica para celebrar un ano máis esta festa que enxalza a viticultura da zona e que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2022.

Os visitantes poderán degustar o viño que ofrecerán as dez adegas participantes deste territorio que presume de ter tres ribeiras: a do Sil, a do Miño e a do Cabe. Ademais dos caldos, tamén haberá postos con diferentes produtos da terra e o sábado 11 poderase gozar da sétima edición da Festa da Empanada.

Na fin de semana tamén se entregarán os premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e haberá actuacións musicais con orquestras e charangas que ambientarán o recinto feiral. As actividades da mostra darán comezo o xoves 9 de maio cunha cata de viños das tres ribeiras de Pantón.

Este ano, coincidindo coa primeira xornada da mostra, o recinto feiral acollerá o Brinde do Día do Viño D.O. que se celebra simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe (DO). A D.O. Ribeira Sacra participa nesta iniciativa promocional con 35 Consellos Reguladores máis.

ÚLTIMAS

Os Ministreles: “Nalgunha parroquia xa é o cuarto ano consecutivo que acudimos”.

“Somos un pequeno grupo de amigos unidos pola música tradi, porqué o noso único...

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...